- 1. AVANTE: Construíndo oportunidades para todos e todas a través do ocio mariñeiro
Avante é un proxecto de Investigación-Acción-Participación co que promover a empregabilidade das persoas con discapacidade no sector do lecer mariñeiro.
Coa aprendizaxe e experiencia adquirida en proxectos anteriores na materia de inclusión social a través de actividades de lecer mariño, o equipo de traballo que vén desenvolvendo experiencias de ocio mariñeiro inclusivo, detecta algúns problemas que se pretenden abordar en Avante:- É necesario desenvolver iniciativas nas que se garanta a paridade participación das persoas con discapacidade
- É necesario formar e contar con profesionais con discapacidade que deseñen e desenvolvan actividades de lecer mariño.
O proxecto ofrece unha oportunidade de emprego ás persoas con discapacidade no eido do lecer mariño, unha oportunidade para a sensibilización do sector Pesqueiro produtivo sobre o interese da contratación de persoas con discapacidade, e unha oportunidade para a sociedade en xeral, para poder vivir experiencias de lecer mariño dende diferentes perspectivas funcionais.
A actuación realizarase en colaboración coas Confrarías de Pescadores de Sanxenxo e San Antonio de Cambados.
OBXECTIVOS:
1.- Investigar as necesidades detectadas polos colectivos con discapacidade sobre as súas opcións de ocio e emprego no sector do ocio mariñeiro.
2.- Deseñar, coas persoas con discapacidade, opcións de ocio no sector do ocio mariñeiro.
3.- Formar ás persoas con discapacidade na dinamización de actividades de ocio mariñeiro.
4.- Desenvolver experiencias piloto na dinamización de opcións de ocio mariñeiro deseñado para persoas con e sen discapacidade
5. - Difundir/dar a coñecer á sociedade os avances realizados no proxecto.RESULTADOS AGARDADOS:
1. Informe de investigación: unha vez realizado o proceso de diagnóstico, elaborarase un informe de necesidades de emprego percibido e potencial das persoas con discapacidade no sector do lecer mariño.
2. Vídeo documental do proceso de traballo: todo o proxecto quedará gravado nas súas diferentes fases para crear un vídeo final informativo do proxecto.
3. Tres actividades de lecer con capacidade mixta (con e sen discapacidade) de un máximo de 20 persoas cada unha.
4. Manual informativo-formativo da experiencia completa.
5. Comunicación dos resultados do proxecto: visibilidade científica, sectorial e social:- Difusión do vídeo: nas páxinas web das entidades implicadas, nas federacións de asociacións de persoas con discapacidade e nas feiras do sector.
- Difusión do manual: nas páxinas web das entidades implicadas, nas federacións de asociacións de persoas con discapacidade e nas feiras do sector.
- Comunicacións en congresos: presentación en 4 congresos nacionais e internacionais especializados, con publicación no libro de actas e/ou Capítulos do libro.
- Publicación en revistas especializadas: elaboración e presentación para publicación de 2 artigos científicos en revistas especializadas.
- 2. HISARUM: Estudo técnico da evolución das especies Himanthalia elongata, Sargassum muticum e Undaria pinnatifida no litoral galego
Neste proxecto realizarase a toma de datos das poboacións de Himanthalia elongata co obxectivo de determinar medidas técnicas de aproveitamento, conservación, protección e xestión sostible; por outra banda realizarase a toma de datos das poboacións foráneas de Sargassum muticum e Undaria pinnatifida, co obxectivo de valorar o impacto que a súa distribución está a causar sobre o resto das poboacións de macroalgas do litoral. Avaliarase, tamén, a influencia das condicións ambientais sobre os bancos presentes en catro puntos do litoral galego, na procura de comprobar se estas inflúen sobre os procesos de reprodución e crecemento destas macroalgas. Para realizar estas tarefas realizarase un control rigoroso de exemplares de macroalgas (morfoloxía, fenoloxía e características do hábitat que ocupan as poboacións). A información será completada mediante a utilización de UAVs (aéreos e submarinos) para a estimación da distribución, biomasa e cobertura, que se relacionará coa batimetría da zona e coa distribución vertical dos exemplares no cantil do litoral. A actuación realizarase en colaboración coa Universidade da Coruña e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores que apoiará ao CIMA a través das seguintes Confrarías de Pescadores: San Xosé de Cangas, de Ribadeo e pola Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños de la Provincia de Pontevedra.
- 3. OURIXEN: Diversidade xenética do ourizo de mar galego e a súa aplicación na conservación
Colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, e a Universidade de Santiago de Compostela, a través do Grupo de Investigación en Sistemática Molecular (SISMOL) do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular, co fin de acadar un coñecemento detallado sobre a diversidade e estrutura xenética das poboacións de ourizo de mar (Paracentrotus lividus), aplicable na xestión sostible do recurso, sendo os obxectivos da proposta:
- Avaliación da estrutura xenética das poboacións das diferentes rías e áreas de explotación como garantía para unha eficiente xestión do recurso.
- Definición dunha estratexia fundamentada para as actividades de reprodución e mellora do recurso.
- Mantemento da maior riqueza en diversidade xenética, como garantía de resiliencia do recurso, a través das tarefas de repoboación.
- 4. INDICADORES22: Desenvolvemento de indicadores, ferramentas numéricas e estratexias asociadas aos obxectivos biolóxicos e ecolóxicos dos plans de xestión do marisqueo
O novo modelo de plans de xestión do marisqueo require dun corpus teórico non centrado exclusivamente no volume dos stocks, por iso cómpre desenvolver novas metodoloxías de avaliación da saúde dos stocks e do ecosistema e transferir os avances acadados aos técnicos das entidades que xestionan os bancos.
Incorporaranse novos obxectivos biolóxicos e ecolóxicos ao estándar dos plans de xestión e desenvolveranse, validados, os indicadores correspondentes.
A actuación realizarase en colaboración coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores que apoiará ao CIMA a través das seguintes Confrarías de Pescadores: San Xosé de Cangas, Pedra da Oliveira de Vilaboa, Virxe do Carmen de Arcade, San Xoán de Redondela, San Francisco de Vigo e La Anunciada de Baiona.OBXECTIVOS:
1. Ampliar o abano de obxectivos biolóxicos e ecolóxicos estándar dos plans de xestión de marisqueo.
2. Desenvolver, validar e implantar indicadores biolóxicos sinxelos de aplicación no marisqueo.
3. Desenvolver materiais, ferramentas físicas e numéricas, e procedementos asociados aos indicadores desenvolvidos.
4. Por a punto e actualizar ferramentas numéricas e informáticas básicas.
5. Difundir resultados de obxectivos, indicadores, materiais e metodoloxías incorporados ao estándar.RESULTADOS AGARDADOS:
1. Informes de avaliación do estado do stock e de seguimento da campaña extractiva dos recursos explotados en primavera e outono nos bancos de libre marisqueo de Lombos do Ulla, Bohído, Cabío, Ares, Sada, Tirán e Canido.
2. Actualización dos límites do banco de Cabo de Mar.
3. Informe do estado patolóxico, específicamente da prevalencia de martelliose en berberecho dos Lombos do Ulla.
4. Asesoramento técnico e seguimento da encomenda de rexeneración de bancos marisqueiros a SEAGA.
5. Asesoramento técnico e seguimento dos traballos de confección da base de datos que acollerá os datos contidos nos anexos AT0, AT2 e FEMP. Continuidade na harmonización dos anexos.
6. Actualización do estándar de obxectivos e indicadores biolóxicos e ecolóxicos dos plans de xestión de marisqueo.
7. Formación do persoal técnico da Consellería do Mar e das entidades asociativas do sector pesqueiro referente aos novos obxectivos e os seus indicadores (cinco xornadas formativas).
8. Construción de prototipos e transferencia das ferramentas físicas e numéricas desenvolvidas ao persoal técnico.
9. Transferencia das ferramentas numéricas desenvolvidas ao persoal técnico.
10. Participación nun congreso de ámbito estatal.
11. Unha publicación nunha revista científica indexada.
12. Confección dunha páxina web de acceso exclusivo ao do persoal técnico implicado, cos resultados das avaliacións de stock e seguimento das campañas extractivas nos bancos de libre marisqueo sometidos a seguimento.Asesoramento para a construción dun aparato de remoción hidráulica intermareal
Cálculo diversidade biocenose substratos rochosos intermareais
Comportamento trófico de T. reticulata e T. neritea
Indicadores a partir de resultados da rexeneración de SEAGA
Procedemento avaliación stocks estrelas de mar con vídeo remolcado
- 5. Simposio de técnicos de asesoramento á xestión dos recursos marisqueiros
Realizouse un simposio que reuniu a técnicos de entidades asociativas do marisqueo en Galicia cos técnicos da Consellería do Mar e investigadores do CIMA. Consistiu nunha xornada técnica para amosar os coñecementos adquiridos nos 30 anos de traballo dos técnicos das entidades no tocante á avaliación de stock, dinámica de poboacións, rexeneración de bancos, métodos, descritores da DMEM e asesoramento técnico. Estes traballos son de grande interese, pola súa dimensión temporal e xeográfica, pero non teñen cabida en revistas científicas debido ao interese local de moitos deles.
Nesta actuación participaron 85 persoas, tanto persoal das confrarías de pescadores como da Consellería do Mar, e realizouse en colaboración coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores que apoiou ao CIMA.- 6. POLYCHAETA: Xestión sustentable e baixo un enfoque ecositémico dos stocks de poliquetos de interese comercial en Galicia: valorización do recurso e avance no coñecemento da súa bioloxía e ecoloxía
Colaboración entre a CM, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, e a UDC para a realización de actividades conxuntas que, dunha parte, permitan propoñer melloras na valorización das especies de poliquetos autóctonas empregadas como cebo e, doutra parte, permitan obter información biolóxica e ecolóxica sobre as dúas especies de poliquetos con maior peso no sector en Galicia que garanta a súa explotación sustentable e baixo un enfoque ecosistémico.
Desenvolveranse as seguintes actividades:
1. Estudo dos patróns de explotación, distribución e comercialización, e uso dos poliquetos en Galicia.
2. Proposta de melloras na valorización do cebo autóctono.
3. Estudo prospectivo de distribución de Diopatra spp. na costa de Galicia.
4. Estudo de distintos aspectos ecolóxicos de Diopatra neapolitana que contribúan á avaliación da saúde global do ecosistema mariño e que, por tanto, se poidan empregar como indicadores ecolóxicos na xestión pesqueira.
5. Estudo dos aspectos da bioloxía reprodutiva de Scoletoma laurentiana relevantes para unha xestión racional e sustentable das súas poboacións.- 7. PREOSTREARES: Establecemento das bases para a restauración dos bancos naturais de ostra plana (Ostrea edulis, Linaeus 1758) na enseada de San Simón (ría de Vigo)
Co obxectivo de restaurar os bancos naturais na enseada de San Simón, localizaranse, tanto os existentes na actualidade como aqueles históricos, e procederase á instalación dun sistema de estabulación de reprodutores desta especie. Farase un seguimento e control da evolución do crecemento e mortalidade destes exemplares, así como un rexistro de valores dos parámetros físicos da zona.
Do mesmo xeito, abordarase un programa de vixilancia epidemiolóxica dirixido a determinar a presenza de parasitos do xénero Bonamia e doutros patóxenos e de alteracións patolóxicas na poboación de reprodutores de ostra plana procedentes de bancos naturais da Enseada de San Simón así como daqueles de diferente orixe, de ser o caso.
Espéranse obter datos sobre o comportamento destes reprodutores e da modificación das principais variables ambientais da zona, así como implicar aos colectivos de mariscadores/as nas tarefas de control, seguimento dos exemplares de ostra plana e no mantemento e limpeza das estruturas de estabulado.
A actuación realizarase mediante colaboración do CIMA (Centro de Investigacións Mariñas) e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra.- 8. SEDIMENTOS: A influencia do substrato en bancos intermareais e a proposta de accións para a xestión eficiente do servizo ecosistémico
Colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, e a Universidade de Vigo, a través do Centro de Investigación Mariña, para a execución dun estudo piloto nun banco da ría de Arousa coa finalidade de comprender os efectos a medio e longo prazo, da dispoñibilidade de sedimentos, o aumento do nivel do mar e o desenvolvemento humano, así como a implantación de estratexias adecuadas na rexión costeira, para frear a crecente perdida destes hábitats, para garantir a sustentabilidade e a capacidade dos bancos intermareais para proporcionar beneficios no futuro.
Desenvolveranse as seguintes actividades:
1. Recompilación bibliográfica e organización da base documental
2. Deseño e execución da investigación participativa
3. Deseño e elaboración do plan de xestión de datos
4. Preparación e execución das campañas de campo
5. Análise de mostras
6. Procesado de series temporais
7. Modelización
8. Proposta de accións para a xestión dos bancos intermareais
9. Difusión dos resultados do proxecto piloto- 9. SOST-ERIZO: Índice de sostenibilidade do ourizo de mar
O seu fin é desenvolver un índice de sostibilidade do ourizo de mar, para o que se levarán a cabo unha serie de actividades:
1. Xestión do proxecto. Esta actividade pretende garantir a boa coordinación das diferentes actuacións para unha correcta execución e avaliación do proxecto (Future Oceans Lab)
2. Recompilación de información. Recollida de información e datos necesarios para o desenvolvemento do índice mediante contacto directo coas partes interesadas coma o colectivo de mergulladores, mariscadores e mariscadoras a pe de Lira e Baiona (FOL e CIMA)
3. Mostraxes. En colaboración co CIMA, dependente da CM, estandarizarase unha metodoloxía de mostraxe do ourizo para as confrarías participantes no proxecto que permitan acadar datos da dimensión medioambiental
4. Deseño do índice e da plataforma. As actuacións desta actividade permitirán definir os criterios básicos dos indicadores para o desenvolvemento do índice de sostibilidade, ademais de crear na medida do posible formarase aos actores para o envío de datos a través dunha plataforma dixital adaptada que permita unha mellor comunicación do colectivo co equipo científico
5. Difusión dos resultados do proxecto piloto. Con esta actividade preténdese levar a cabo una comunicación e divulgación do proxecto e dos seus resultados as partes interesadas e o público xeralGuía para o emprego do índice de sosteñibilidade do ourizo de mar
Proxectos
Participa na nosa rede!
rede.mar [at] xunta.gal (rede[dot]mar[at]xunta[dot]gal)