A iniciativa

A iniciativa

A Rede entre o sector pesqueiro e organismos científicos de Galicia é unha ferramenta pioneira na comunidade, que da resposta a unha demanda como é a necesidade de crear un marco/espazo de colaboración entre o sector Pesqueiro e os organismos científicos/investigadores de forma que se poidan poñer en común as experiencias, coñecementos, problemas e desexos de mellora e buscar entre todos as solucións á problemática do sector

REDEMAR pretende contribuír a que a Administración conte coa mellor información dispoñible sobre a situación dos distintos recursos para unha óptima xestión e ordenación pesqueira, na que estean en equilibrio os criterios medioambientais, económicos e sociais, para garantir o futuro do mar promovendo una xestión responsable. 

A dita rede créase baixo o amparo do Programa Operativo para España do FEMP o cal no seu o apartado 3.1 (prioridade 1) describe a estratexia global para a programación do sector pesqueiro español, establecendo que “para garantir un sector pesqueiro plenamente competitivo a longo prazo, é preciso acompañar este crecemento sostible dun crecemento intelixente baseado na transferencia de coñecemento e a mellora das capacidades”, mencionando que para iso fomentarase a colaboración entre organismos científicos e sector pesqueiro. 

O FEMP no artigo 28 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e Consello fomenta este tipo de asociacións concedendo axudas á creación de redes coma REDEMAR e as asociacións e actividades realizadas no marco destas, polo que para estas actuacións, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro conta cun apoio deste fondo de 2 M € a executar en dous anos. 

Por Orde do 27 de xuño de 2022 da Consellería do Mar créase a Rede entre o sector pesqueiro e os organismos científicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

sesión constitución

SESIÓN DE  
CONSTITUCIÓN

A Rede constituíuse o 7 de setembro de 2022, está coordinada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e forman parte dela en representación do sector pesqueiro a Federación Galega de Confrarías de Pescadores, as tres Federacións Provinciais, o Consello Gallego de Pesca, a Federación Galega de Redeiras, unha persoa representante do marisqueo a pé e unha dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), mentres que o sector da investigación está representado polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo, as tres universidades galegas (USC, UDC e UVigo) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) con representantes do Instituto de Investigacións Mariñas e do Instituto Español de Oceanografía.

Participa na nosa rede!

  rede.mar [at] xunta.gal (rede[dot]mar[at]xunta[dot]gal)

Cofinanciado pola Unión Europea