Grupos de traballo

  • Grupo Cofrarías

    Grupo de traballo para a integración dos datos das asistencias técnicas das confrarías

    Alexandre Alonso Fernández alex [at] iim.csic.es
  • Grupo de traballo sobre ouxas

    Grupo de traballo sobre ouxas

    Bernardo Fernández Souto bernardo.fernandez.souto [at] xunta.gal
  • costa

    Grupo de traballo sobre a situación dos recursos marisqueiros na costa

    confrariasgalicia [at] confrariasgalicia.org
  • Grupo de traballo sobre a situación dos recursos marisqueiros na costa

    Ponencia
    Ponencia
    aperitivos
    Aperitivos
    costa

    Na xuntanza da Rede celebrada o día 10 de outubro de 2022, a proposta da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, acordouse a constitución dun grupo de traballo sobre a situación dos recursos marisqueiros na costa. Na reunión do 4 de novembro de 2022, a presidenta da REDE indicou que a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro se sumaría ao grupo para a súa organización e desenvolvemento.                  
    Entre o 28 de abril e o 13 de xuño de 2023 celebráronse as xornadas abertas ao sector marisqueiro, aos organismos investigadores e á administración para analizar a situación dos recursos marisqueiros en cada unha das rías, as ameazas, as fortalezas e as debilidades, e se definiron propostas para presentar á investigación e á xestión.                  
    As xornadas se levaron a cabo en:                  
    1. Ría de Vigo                  
    2. Ría de Muros e Noia                  
    3. Ría de Pontevedra                  
    4. Ría de Arousa                  
    5. Golfo Ártabro – Ría de Ferrol                  
    6. Golfo Ártabro – A Mariña - Ortegal                  
    A inauguración das diferentes xornadas estivo a cargo de Susana Rodríguez Carballo, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e directora de REDEMAR e a clausura realizouna José Antonio Pérez Sieira, presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.                  
    En cada unha das xornadas o xefe do Servizo de Recursos Marisqueiros da Consellería do Mar avaliou a situación dos recursos na ría correspondente.                  
    As persoas asistentes valoraron de forma moi positiva tanto a celebración das xornadas como o feito de que as mesas de traballo estiveran integradas por persoas de diferentes zonas do sector do marisqueo, da administración e dos centros de investigación.

     

    GRUPO DA RÍA DE VIGO

    A xuntanza celebrouse o 28 de abril de 2023 no Museo do Mar de Galicia contando coa presenza de Moncho Gómez Gesteira, catedrático de Física da Terra e subdirector do CIM da Universidade de Vigo, co relatorio “O impacto climático sobre os ecosistemas e a acuicultura das Rías Baixas”.

    Conclusións


                  

     

    Impacto do cambio climático sobre os ecosistemas das rías

    GRUPO DA RÍA DE MUROS E NOIA

    A xuntanza celebrouse o 2 de maio de 2023 no casino de Noia coa presenza de Xosé Antonio Padín Álvarez, científico titular do Instituto de Investigacións Mariñas, co relatorio “A acidificación das augas costeiras de Galicia: impactos biolóxicos”.

    Conclusións



    Acidificación augas costeiras - Impacto biolóxico

     

    GRUPO DA RÍA DE PONTEVEDRA

    A xuntanza celebrouse o 26 de maio de 2023 na lonxa de Portonovo coa presenza de Elsa Vázquez Otero, catedrática de zooloxía da Universidade de Vigo, co relatorio “Efectos do cambio global no marisqueo”.

    Conclusións



    Efectos cambio global no marisqueo

     

    GRUPO DA RÍA DE AROUSA

    A xuntanza celebrouse o 2 de xuño de 2023 na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira coa presenza de Lucía Couceiro López, profesora axudante da Área de Zooloxía da Universidade da Coruña, co relatorio “A pesqueira de poliquetos: oportunidades na Ría de Arousa” e de Moncho Gómez Gesteira, catedrático de Física da Terra e subdirector do CIM da Universidade de Vigo, co relatorio “O impacto climático sobre os ecosistemas e a acuicultura das Rías Baixas”.

    Conclusións



    A pesqueira de poliquetos na ría de Arousa

     

    GRUPO DO GOLFO ÁRTABRO - RÍA DE FERROL

    A xuntanza celebrouse o 12 de xuño de 2023 no Museo da Construcción Naval de Ferrol coa presenza de José Manuel Parada Encisa, investigador do Centro de Investigacións Mariñas, co relatorio “Avaliación das poboacións de bivalvos de interese marisqueiro no banco das Pías da Ría de Ferrol”, e de Luis Carral Couce, catedrático de Construccións Navais da Universidade da Coruña, co relatorio “Ecosistemas mariños costeiros e os arrecifes artificiais de tipo verde”.

    Conclusións

     


                  

     

    Evolución bivalvos banco das Pías (Ferrol)

     

    GRUPO DO GOLFO ÁRTABRO – A MARIÑA - ORTEGAL

    A xuntanza celebrouse o 13 de xuño de 2023 na Confraría de pescadores de Celeiro coa presenza de Ana Bernabéu Tello, catedrática do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio da Universidade de Vigo, co relatorio “Na procura de solucións para a xestión dos bancos marisqueiros”.

    Conclusións

                  

    Na procura de solucións para a xestión dos recursos marisqueiros

     

                      
     

Participa na nosa rede!

 

  rede.mar [at] xunta.gal (rede[dot]mar[at]xunta[dot]gal)

Cofinanciado pola Unión Europea