- Convocatoria dun curso de formación de observadores a bordo
Baixo o amparo de REDEMAR, estase a organizar un curso de formación de observadores en pesca de baixura que os capacite para a realización das tarefas de mostraxe a bordo en actividades pesqueiras, coa finalidade de crear unha bolsa de traballadores cualificados e dispoñibles para realizar as funcións de observación a bordo, que permita complementar ao actual equipo da Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB) da Dirección Xeral de Desenvolvento Pesqueiro.
- Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, e o CSIC, a través do Instituto de Investigaciones Marinas, para a análise dos datos recollidos pola Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB) no programa de monitoreo da frota de baixura e a formación dos técnicos desta unidade nas técnicas empregadas
O obxectivo principal do convenio é a análise dos datos recollidos pola Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB), da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, no programa de monitoreo da frota de baixura, co fin de proporcionar unha avaliación do estado dos recursos pesqueiros obxecto de explotación pola frota artesanal galega.
A información derivada destas análises pretende obter unha avaliación do estado actual e da evolución dos recursos e actividade pesqueira, proporcionar o coñecemento necesario para a súa xestión e asegurar a sustentabilidade da pesca artesanal en Galicia.- REDOGAL
A Rede de Observadores do Medio Mariño de Galicia (Redogal) pretende ser unha ferramenta da Xunta de Galicia para o seguimento e vixilancia da vida mariña de Galicia. Os seus obxectivos son:
1. Establecer un rexistro histórico de especies bioindicadores que permita analizar e predicir os danos potenciais sobre os ecosistemas.
2. Maior acceso á información, tanto ao cidadán como ás institucións, co fin de que contribúan ao coñecemento global da biodiversidade mariña e a súa protección e conservación.
3. Crear unha base de datos pública sobre biodiversidade mariña.
Actividades
Participa na nosa rede!
rede.mar [at] xunta.gal (rede[dot]mar[at]xunta[dot]gal)