Unha vintena de persoas fórmanse no curso de observadores en pesca de baixura organizado pola Xunta para optimizar a xestión das pesqueiras

Un total de 20 persoas, o máximo de prazas dispoñibles, formaranse ata finais do vindeiro mes de xullo como observadores en pesca de baixura grazas ao curso que puxo en marcha a Xunta

Unha vintena de persoas fórmanse no curso de observadores en pesca de baixura organizado pola Xunta para optimizar a xestión das pesqueiras

Un total de 20 persoas, o máximo de prazas dispoñibles, formaranse ata finais do vindeiro mes de xullo como observadores en pesca de baixura grazas ao curso que puxo en marcha a Xunta co obxectivo de crear unha bolsa de traballadores cualificados e dispoñibles para realizar funcións de mostraxe e análise a bordo e optimizar así a xestión sustentable dos recursos mariños. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asistiu hoxe ao inicio das clases presenciais, que se desenvolverán en tres sesións na Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

A iniciativa, que combina 50 horas en liña e 10 en aula, busca complementar as necesidades específicas das pesqueiras xestionadas no ámbito da Rede entre o sector pesqueiro e os organismos científicos de Galicia a través da formación de persoas licenciadas ou graduadas en bioloxía e ciencias do mar, en situación laboral de desemprego ou en activo pero que non presten servizos nas administracións públicas ou outras entidades oficiais. Susana Rodríguez salientou que se trata dunha acción formativa moi necesaria dada a especificidade das tarefas a realizar como recollida de datos en buques que faenan nas augas interiores galegas.

Participa na nosa rede!

 

  rede.mar [at] xunta.gal (rede[dot]mar[at]xunta[dot]gal)

Cofinanciado pola Unión Europea